XII Día das rapazas nas TIC
O día 25 de abril de 2024 celebrarase o Día Internacional das Rapazas nas TIC, e como dende o 2013 celebrarémolo dende o Centro de Supercomputación de Galicia!
Ese día teremos moitas actividades!
Pola mañá teremos un coloquio mediante multiconferencia web na que participarán 4 profesionais galegas que traballan a diario coas tecnoloxías, que contarán, dun xeito ameno e polo miúdo oa súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de tod@s. Dende os centros escolares de primaria e secundaria, rapazas e rapaces poderán enviarlles as súas preguntas e inquedanzas en directo para poder ter ese diálogo directo con elas.
Non sabedes o que é o Día Internacional das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Aquí está toda a información do movemento a nivel internacional.
Para saber máis o que é o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) e a supercomputación, mira este vídeo.
Participantes do XII coloquio do Día das Rapazas nas TIC 2024
Nesta XII edición temos a honra de contar con:
Antía Fernández López. Antía é Enxeñeira de Telecomunicacións, Máster en Enxeñaría Telemática, ambas pola Universidade de Vigo e MBA pola UIE. Dende o ano 2008 traballa en proxectos de I+D para distintos sectores en GRADIANT (Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia). A súa traxectoria vai dende a ideación, a execución, a xestión de proxectos; así como a dirección dunha área tecnolóxica ao desenvolvemento empresarial. Ten experiencia en tecnoloxías arredor dos datos: con énfase na Intelixencia Artificial, a conectividade e a ciberseguridade. Ademais, traballa para a Comisión Europea como avaliadora e revisora de proxectos e é profesora de tecnoloxías aplicadas á empresa en diferentes escolas de negocios e másteres universitarios.
Lorena Fernández Fernández. Lorena estudou o Grado de Matemáticas pola USC e completou seus estudos co Máster de Mátemática Industrial por UVigo. Estivo traballando no Grupo Integrado de Inxeniería da UDC e despois no Centro Nacional de Enerxías Renovables (en Pamplona) en proxectos de investigación co obxetivo de resolver con sistemas de computación de altas prestacións problemas de interese académico e industrial da área de dinámica de fluidos. Actualmente traballa no CESGA como técnica superior de investigación na liña de aplicación da Intelixencia Artificial á producción industrial.
Olalla Rama García. Olalla é graduada en Enxeñería Informática pola Universidade da Coruña, cun Máster en Ciberseguridade. A súa traxectoria profesional comezou ligada ao ámbito da ciberseguridade, concretamente na auditoría de ciberseguridade (“pentesting”) aínda que actualmente exerce funcións relacionadas coa análise e a xestión de vulnerabilidades nun proxecto da Amtega destinado a mellorar a ciberseguridade das entidades locais de Galicia. Ademais, participa activamente en competicións CTF (Capture The Flag) nas que se poñen a proba os coñecementos e habilidades como hacker.
Noemi Basanta Cheda, licenciada en arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña coa especialidade en Urbanismo. Tras pasar por diferentes estudos de arquitectura e deseño de escenografías, entra a traballar en Galopín Playgrounds, formando parte fundamental do Departamento de Proxectos, no que desenrolará propostas de espazos de xogo infantil por todo o mundo. Ten unha experiencia de quince anos nesta complexa actividade de intervir no espazo público para un usuario tan sensible como é a infancia, con influencia directa na sociedade.
Coordina tamén diferentes proxectos de investigación, como a colaboración coa UDC para a edición do manual escrito pola doutora arquitecta Inés Pernas ” Lugares públicos de estancia con carácter biofílico”.
Programa da Tarde
O mesmo día 25, de 17:00 a 19:00, temos programada para a rapazada da contorna de Compostela a “Ruta das Exploradoras Dixitais“, unha actividade divertida e didáctica para descubrir a actividade de aoredor da tecnoloxía que se fai no CESGA e no CITIUS, con visitas adaptadas ao supercomputador FinisTerrae III, ao ordenador cuántico de Galicia Qmio, e demostracións das tecnoloxías máis actuais con que traballamos. Esa actividade enmárcase nun percorrido polo Campus da USC entre ambos centros, coñecendo a 5 referentes históricas e actuais do mundo da tecnoloxía, e descubrir os logros tecnolóxicos acadados polo importante rol das mulleres no ámbito das TIC, todo iso baixo a guía das nosas científicas de CESGA e CITIUS. Ada Lovelace, a primeira programadora da historia, fará de guía no camiño! E para todas/os os que completen con éxito esta “ruta das exploradoras dixitais” haberá un agasallo final.
Non tardedes en inscribirvos. Só hai 100 prazas dispoñibles!
A duración da actividade será de 2 horas. Para participar é imprescindible que a/o participante veña acompañada dun/ha adulto/a (*unha mesma persoa pode ser responsable de varios participantes)
Podes seguir e difundir toda a información do evento e as nosas actividades nesta web ou en:
- Facebook: https://www.facebook.com/ICTGoGirls
- Twitter: https://twitter.com/ICTGoGirls
- Youtube: https://www.youtube.com/playlist?list=PLaYnwE2ZurwETyjAShB6_XNmWYnHQycAf
Axenda:
10:45 Apertura do Día das Rapazas nas TIC por parte das autoridades. Lugar: CESGA
11:00 Comezo do coloquio do “XII Día das Rapazas nas TIC”
12:30 Peche do coloquio
17:00 Inicio da actividade extraescolar “Ruta das Exploradoras Dixitais”. Lugar: CESGA e CITIUS
19:00 Peche da actividade “Ruta das Exploradoras Dixitais”
Organizan
Centro de Supercomputación de Galicia (dependente de GAIN e CSIC), Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG) e coa colaboración do CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes).
Colaboran
Xunta de Galicia: (Consellería de Educación, Universidade e FP e AMTEGA); Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, sección Galicia (AMIT-Gal); Asociación .GAL; USC (Facultade de Ciencias da Educación, Woman Emprende e Oficina de Igualdade); Facultade de Informática da UDC; Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo; Colectivos Hello Sisters! e GalsTech